26 de febreiro de 2020
20 de febreiro de 2020
Visita ao CENTRO DE DÍA Parque Castrelos
O alumnado de 2º de E.Primaria fixo una saída para visitar o centro de día "Parque Castrelos". Alí fomos partícipes do Xoves de comadres, levamos o Meco que fixemos o xoves de Compadres, xuntámonos coa súa Meca e xulgámolos.
Logo indultamos o Meco levándoo para o Horto Escolar!
Logo indultamos o Meco levándoo para o Horto Escolar!
16 de febreiro de 2020
Preparación do MECO do entroido
Onte o alumnado de segundo estivo a facer un Meco, figura singular do Xoves de Compadres.
Será compartida o xoves de comadres co centro de día Parque Castrelos
HORTA AROMATICA
O alumnado de 6ºB de E. Primaria axudou a mellorar a horta das aromáticas. Hai tempo que estes rapaces desexaban preparar a horta. Recuperamos os antigos cartaces e conseguimos mellorar o aspecto.
Proba superada!
10 de novembro de 2019
28 de outubro de 2019
SAMAIN
Como tódolos anos, ao chegar este tempo, os nenos e nenas énchense de ilusión pensando no Samaín. Unha forma de manifestarnos é traer as cabazas ao cole: talladas, sen tallar, adubiadas...
Que imaxinación derramaron este ano para convertelas en animais mariños!
Toda a comunidade escolar está da súa parte por iso esconxuramos o cole:
"Mouchos, curuxas, sapos e bruxas. Demos, trasgos e diaños..."
Todo iso que estes días imos colocando nos corredores e nos descansos das escaleiras...

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)