18 de marzo de 2022

Día da poesía 2022

 Nestas últimas datas, en coordinación do IES Coruxo, estamos artellando a realización dun obradoiro de creación e recitado poético.

Todo estaba preparado para que a aula de 6º de primaria se desprazara ata o IES o 21 de marzo pero, unha vez analizada a previsión metereolóxica, vémonos na obriga de adiar esta experiencia.

Poderedes pensar que somos moi esaxerados por cancelar a actividade a causa de que poida chover un pouquiño; "total, dentro do IES non chove!".

O asunto é que, en parte, teriades moita razón. Efectivamente, para interpretar o Imagine e o Chote de Leirado no patio central do IES non habería problema. O preocupante é que, unha vez realizada esta primeira parte, tiñamos pensado desprazarnos en compaña dunha aula e 3º da ESO ata a Vila Romana de Toralla para realizar o obradoiro de creación poética e, nese caso, a choiva si que pode estropear todo.

De todos xeitos, como xa dixemos, somentes se trata de ter un pouquiño de paciencia xa que haberá oportunidade de realizala,; iso si, á volta se Semana Santa xa que a organización dun centro escolar é complicada. Neste caso, aínda peor o temos xa que somos dous a pornos dacordo e a realización de exames e outras actividades programadas anteriormente así o esixen.

Chegado o momento teredes información sobre o acontecido ao redor deste proxecto 

 

Evento: Día Mundial de la Poesía | Cultura de Galicia

14 de marzo de 2022

Celebración do Día de Rosalia

O 24 de febreiro, día no que o meco deu orde de acudir ao colexio preparados como para ir á praia, sumámonos á celebración do Día de Rosalia, festa que para nós tivo un doble valor xa que, por un lado, desfrutamos de sumerxirnos na figura e obra de Rosalía e, por outra banda, foi considerada a ocasión para, despois de dous anos, realizar un acto coa participación activa conxunta de alumnado de diferentes cursos; iso si, mantendo todas as medidas de seguridade para combater o contaxio do Covid-19.


Foi moito o traballo realizado a nivel de aulas e foi moito o desfrute que compartiu alumnado e profesorado no acto central da celebración.

Lectura do manifesto elaborado polo alumnado de 6º curso e interpretación do "Adios rios, adios fontes" a cargo dunha representación de alumnado de 4º e 5º cursos de primaria e a aula de 6º curso. 

Acá deixamos unha mostra do vivido neste vídeo

 

 Cabanas chama a caracterizarse de Rosalía para conmemorar o Día de Rosalía  – Galicia Ártabra Digital

Desfrutando do realizado ata o momento

 Moi boas.... Despois duns meses de inactividade neste Blogue, abrimos de novo esta porta dispostos a compartir co mundo o noso traballo ao redor do fomento do noso idioma no noso colexio. 

Posto en marcha este curso escolar 21/22 xa houbo cantidade de momentos nos que, fóra do habitual, o idioma e a cultura galega tiveron unha presenza moi destacada e, a partires de agora, ven a traca final!!!!!

O EDLG do Ría de Vigo non para e, nas vindeiras entradas deste blogue darédevos conta de por que o dicimos.

30 de xuño de 2021

LETRAS GALEGAS VII DígochoEu

Metidos e metidas en "fariña", por si era pouco, decidimos realizar unha actividade ao redor das Letras Galegas. Para iso ás pedimos ás diferentes aulas do colexio a preparación dun guión e posterior grabación do mesmo ao estilo do “DígochoEu” presentado por Esther Estévez na TVG e seguido por un bo número de rapaces e rapazas. A proposta pasaba por tratar aspectos xerais en canto á lingua galega tales como: “palabras con “x” de Xela”, “co galego enténdeste en moitos lugares fóra de Galicia”, “toponimia local”, ” palabras e expresións propias da nosa zona”, ….,.

A proposta foi asumida pola totalidade de profesorado  e queda recollido neste vídeo


LETRAS GALEGAS VI Impresión camisetas "Eii!! Fálame sempre!!!"

 

Tal e como vimos facendo nos últimos anos, no colexio levamos adiante un obradoiro de impresión de camisetas na que participa a totalidade de alumnado. Realizamos unha modificación ao previsto inicialmente xa que pretendemos dar unha mensaxe máis directa en canto ao uso do idiomagalego tomando entón como lema a expresión “Eiii!! Fálame sempre!!”

  

  

 

A diferenza de cursos pasados, coa intención de evitar na medida do posible a manipulación de materiais, encargamos camisetas parcialmente impresas para que o alumnado somentes pintase a franxa azul coa que contan.