O alumnado de 3º visitou o centro de día PARQUE CASTRELOS para facer un Maio todos xuntos.
Mirade que ben o pasaron! Que acto tan entrañable!!
23 de maio de 2017
16 de maio de 2017
XOGAMOS TAMÉN EN GALEGO
Con motivo das LETRAS GALEGAS os alumnos do noso cole tamén xogan "EN GALEGO" cos distintos xogos : aros.zancos, cordas,etc
15 de maio de 2017
FOTOS DO CORRELINGUA
O xoves día 11 de maio estaba programado o Correlingua para percorrer as rúas dende o Concello ata Castrelos a prol da nosa lingua galega. Por mor da chuvia só se celebraron actos no Pavillón Polideportivo do Carme, con que grandes e pequenos concorremos no mesmo lugar.
Escoitamos o manifesto, tomamos a merenda e así collimos forzas para o concerto da banda de rock Birlibirlocke coa que botamos na pista sen parar.
Ao rematar a festa, os nenos e nenas puideron tocar os instrumentos da banda e asináronlle autógrafos nas gorras!

Comeza a semana das LETRAS GALEGAS
Comenzamos a semana de radioRía. Para iso os alumn@s de
infantil e 1° leron fragmentos das obras de Carlos Casares. Podedes ver algunhas fotos dos primeiros reporteiros radiofónicos.Tamén alguns nenos de 6º tocaron o seu instrumento(gaita, trompeta) para amenizar a primeira sesión radiofónica.
9 de maio de 2017
Facendo uso das "LETRAS GALEGAS"
Xa que comezan as "LETRAS GALEGAS", nós facemos uso delas todo o ano. Por iso, aproveitamos que temos padriños e madriñas para pintar no noso patio palabras en galego.
Mirade que ben o fan os de 4 anos dirixidos por os seus padriños e madriñas de 4º de E.Primaria
Mirade que ben o fan os de 4 anos dirixidos por os seus padriños e madriñas de 4º de E.Primaria
3 de maio de 2017
XA CHEGA O CORRELINGUA 2017
Nesta nova edición do Correlingua participarán o alumnado de 1º, 2º e 4º curso de Primaria o 11 de maio baixo o lema
"EN GALEGO SEN CANCELAS".
Para máis información premede no cartaz.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)