24 de maio de 2018

INTERTEATRO: SEIS DO NADAL

A pasada semana recibimos a visita do CEIP Seis Do Nadal que nos mostrou a súa obra de teatro " A volta ao mundo de Wiki Fog". Estivo espectacular. Ao final agasallamoslles cunha planta e cun diploma. 
Bo traballo!





 

INTERTEATRO: SALADINO CORTIZO

Hoxe tivemos a visita dos "Saladinos", unha compañía de teatro creada no CEE SALADINO CORTIZO e que os seus compoñentes nos deleitaron cunha obra de teatro "Validación" na que se pon de manifesto a importancia do sorriso.
Fixérono fenomenal: o público disfrutou moitísimo e ao rematar, os actores recibiron un diploma e un agasallo.E por suposto tiveron un momento de convivencia cos nosos alumnos.
 

14 de maio de 2018

LETRAS GALEGAS 2018

hhh





















Comezamos a semana das LETRAS GALEGAS adicadas este ano á figura de Mª Victoria Moreno. Para saber máis da súa historia, o alumnado de 6º de E.Primaria encárgase de explicar aos demais a súa vida. 
Hoxe os nen@s de infantil escoitaron moi atentos as explicacións.






13 de maio de 2018

OS MAIOS CO CENTRO DE DÍA "PARQUE CASTRELOS"

O alumnado de infantil e 1º de Primaria celebrou os MAIOS co centro de Día PARQUE CASTRELOS. Tivemos a sorte de que os nosos maiores, como xa é tradición,  viñeran ao noso cole a celebrar o MAIO florido.Compartiron con eles o asubío do maio e como tiñan tantas flores tamén as colocaron nun cesto e nun carro que o acompañaban.Pasámolo moi ben e todos disfrutaron. 
 O alumnado de 1º de primaria rendeulle homenaxe cunha danza acompañada de canaveiras e os de E. Infantil con coplas de maios cantadas.
É unha ledicia ver a relación de respeto,amizade e cariño  entre distintas xeracións.
Moitas grazas a tod@s pola vosa visita.