Aquí vos deixamos o video do noso "TÚNEL DO MEDO"
10 de novembro de 2019
28 de outubro de 2019
SAMAIN
Como tódolos anos, ao chegar este tempo, os nenos e nenas énchense de ilusión pensando no Samaín. Unha forma de manifestarnos é traer as cabazas ao cole: talladas, sen tallar, adubiadas...
Que imaxinación derramaron este ano para convertelas en animais mariños!
Toda a comunidade escolar está da súa parte por iso esconxuramos o cole:
"Mouchos, curuxas, sapos e bruxas. Demos, trasgos e diaños..."
Todo iso que estes días imos colocando nos corredores e nos descansos das escaleiras...

18 de xuño de 2019
INTERTEATRO: RESTAURANTE FARRUCO
O alumnado de 3º participou no programa Interteatro ca obra "Restaurante Farruco".
Utilizando o verso rimado, a autora constrúe unha peza disparatada nun só acto, nun só día.Os comensais falan do prezo esaxerado e ao mesmo tempo que se deixan entrever as diferenzas de clase ante un rei ao que non lle importa gastar.Tamén atopamos animais vivos que teñen que agardar a seren cociñados pero que non están dispostos ao sacrificio.

INTERTEATRO: CORRE,CORRE CABACIÑA
O alumnado do Ceip Javier Sensat representou no noso cole , polo programa INTERTEATRO, CORRE,CORRE CABACIÑA.
29 de maio de 2019
Xornada de xogo tradicional en Melgaço
O venres 24 de maio celebrouse as VIII Xornadas do xogo tradicional galegoportugués en Melgaço.
http://pontenasondas.org/viii-xornada-do-xogo-tradicional-galegoportugues/?lang=es
O alumnado de 4º e 5º de Primaria acudiron a este importante encontro xa que o ano pasado, por mor da choiva, non puideron acudir. Pero este ano luciu o sol e á zona do Complexo deportivo de Melgaço brillou máis ca nunca co seu elegante verde cheo de xogos "de antes". Todos xuntos disfrutamos dunha xornada de convivencia.

27 de maio de 2019
RomeRía
O alumnado do Ría , co gallo das Letras Galegas, participou na primeira edición dunha RomeRía na zona da Praia de Canido. Coa colaboración das familias, participaron nunha serie de xogos tradicionais pasándolo estupendamente. Despois degustaron sobremesas , rosquillas … para rematar cun paseo ata o colexio.
Foi un bo día e unha boa experiencia!!
Foi un bo día e unha boa experiencia!!
23 de maio de 2019
Taller sobre Igualdade
O alumnado de 4º participou nun interesante taller sobre igualdade. Esla, a monitora, dirixiunos dende una recreación pictórica mariña onde se ve participar da lectura ao amigo Gaspar.
Así eles involucráronse moito no taller deseñado no chan e deron moi boas definicións e reseñas de vocablos que podían darse na igualdade.
Así eles involucráronse moito no taller deseñado no chan e deron moi boas definicións e reseñas de vocablos que podían darse na igualdade.
9 de maio de 2019
OS MAIOS NO CENTRO DE DÍA PARQUE CASTRELOS
Esta mañá chegou ao cole o alumnado de 4º dispuesto con cadanseu ramo na man para aportar a dos "maios" que iamos facer no Centro de Día "Parque Castrelos".
Algúns ata traían una diadema feita con floriñas do campo ou unha pulseira. Xa no bus, tiveron coidado de que o ramo non se estragase e recitamos as coplas escritas na aula.
Que sorpresa! Vimos o nosos carro e o noso cruceiro cuberto de fiuncho. Colocamos con coidado as flores e axudamos aos maiorse a adubiar o mellor posible os maios.
E agora que facemos coas flores ? pois facemos un ramo a cada usuario! Que boa idea!
Un bico e unha flor, xerando xorrisos.
Contáronnos a importancia que tiñan os carros nunha casa e escoitamos a canción de Manuel maría musicada por Fuxan os Ventos.
7 de maio de 2019
VISITA DE AVÓS
Tócalle á vez a avoa de ALDARA . Tivemos con ela unha conversa moi interesante pois contoulles como fora o seu cole, o seu derrumbe, o arranxo, ás aulas que o compuñan, os xogos, a ausencia de xoguetes…
Asimesmo contounos como fóra a súa enfermidade, curación e a sanidade daquel entonces.
Tamén moi alegremente nos contou como eran as romerías na súa vila natal de Baiona.
A todo o alumnado lle pareceu moi interesante e demostrábano a cada momento, cada vez con mais preguntas e ao final agasallárona ademáis dun forte aplauso con expresivos deseños.
Visita de avós: Abrahm
O alumnado de 4º de E.Primaria recibiu a visita da avoa de Abrahm que lles contou ás súas vivencias á súa idade:Onde era o seu cole, como era a súa mestra Carme, os xogos, os paseos.
Tamén lles contou a ilusión que lles facía a romería dos Liñares: estreaban vestidos, chaquetas...ían de tarde e logo acompañábanas seus pais para cear con mantel compartido no chan...
Ao finalizar os nenos e nenas regaláronlle retratos feitos por eles.
Ela, moi simpática, troúxolles a cadanseu una chocolatina contándolles que no seu tempo era una merenda extraordinaria. MOITAS GRAZAS!!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)