30 de xuño de 2021

LETRAS GALEGAS I Visítanos dona Amparo Castaño (Nai de Xela Arias)

 

Como actividade de arranque para a celebración das Letras Galegas, o 14 de abril contamos coa visita de dona Amparo Castaño (nai de Xela Arias) quen mantivo dúas sesións de traballo co alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria. Grazas a iso, nenas e nenos do colexio tiveron oportunidade de coñecer á “Xela escritora” pero, sobre todo, á “Xela persoa”. 

 

 Despois da presentación inicial, na que aprendimos moito da vida de Xela como da súa pasión pola lectura e escritura así como o seu compromiso pola defensa da lingua galega ou o feminismo,.o alumnado plantexou preguntas de todo tipo que obtiveron resposta en todo momento por parte de dona Amparo. Pensamos que nos quedou clara a idea de que  “É a primeira vez que imos ter oportunidade de coñecer ao persoeiro homenaxeado nas Letras Galegas a través da súa nai” 

 Moitísimas grazas Amparo!!! Foi un luxo poder contar con vostede entre nós para presentarnos a Xela 

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario