Debido á situación sanitaria estivemos obrigados a replantexar a nosa intención inicial de facer un obradoiro de recitado de poesía nas inmediacións da Vila Romana de Toralla tal e como se fixo en cursos pasados. Neste obradoiro participarían todas as aulas de Ed. Primaria do colexio traballando as Cantigas de Amigo de Martín Códax tan axeitadas a este marco coas súas ondas do mar de Vigo, e ambientarnos nunha época na que, o Camiño de Santiago (obxecto de traballo da PDI da BE) dá forma a unha lírica e a unha fala que vai marcar o devir da nosa actual lingua.
Finalmente o traballo foi realizado a nivel de aula. Cada unha delas traballou unha cantiga (as tres de Ed. Infantil traballaron a mesma) e realizaron unha gravacion videográfica para ser compartida cos demais.
Cara ao vindeiro curso, unha vez superadas as trabas impostas polo COVID, agardamos que sexa posible preparar ao alumnado na aula de música para realizar a interpretación musical dalgunha das Cantigas para ser presentada en directo á comunidade escolar no lugar previsto in icialmente durante esta mesma celebración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario