30 de xuño de 2021

LETRAS GALEGAS III Bosque da Lingua Xela Arias

 Outra das actividades realizada ao redor de Xela Arias foi a de acondicionar un espazo de monte comunal como “Bosque da lingua Xela Arias”. 

 

Esta proposta xurde da dirección do colexio en colaboración da Comunidade de Montes de San Miguel de Oia. A idea en si consiste na creación e adaptación dun terreo de singular valor histórico, cultural e ambiental atravesado polo regato do Pontón donde hai unha concentración de muíños de auga; os Muiños de Gontade. Os muíños e terreos anexos están sendo recuperados pola veciñanza de xeito colaborativo e pola Comunidade de Montes e, desde o Centro, pareceu oportuno prestar tamén axuda a esta iniciativa dando un carácter cultural a este espazo coa súa utilización para actividades ao redor do fomento da lingua e cultura galegas domesmo xeito que tan claramente fixo Xela Arias.

 

O “Bosque da lingua Xela Arias” foi inugurado no mes de maio polo alumnado de 6º curso coa intención de ser visitado regularmente por parte do alumnado do colexio en vindeiros anos.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario