30 de xuño de 2021

LETRAS GALEGAS IV Lerias do Ría

 Outra das actividades programadas para a Semana das Letras foi a posta en marcha do proxecto “Lerias no Ría” consistente no desenvolvemento dunha campaña de promoción do uso do idioma galego no comercio local e outros establecementos públicos nos arredores do colexio coa  intención de que estes cartaces desperten a curiosidade dos posibles lectores de xeito que os poidan animar a investigar e achegar á lectura da obra de Xela. Inicialmente pensouse en realizar este proxecto nas paradas de autobús urbano existentes na zona de influencia do colexio pero, unha vez realizadas as xestións oportunas, abandoamos esa idea xa que se nos informa que a concesión para a xestión de información nas paradas corresponde a unha empresa que as usa con fins publicitarios.  

       

 

Para levar a idea adiante contouse coa partición das aulas de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º.  

 

O alumnado de 4º curso traballou unha escolma de poesía de Xela, escollendo versos que posteriormente pasaron a escritura dixital para ser impresos en papel. A continuación, o alumnado de 2º e 3º cursos encargouse de pasar esa impresión en papel a impresión en acetatos (buscouse unha impresión en soporte transparente para, sobre todo, que “molestase o menos posible á visibilidade dos escaparates e, por outro lado, que chamase a atención e se diferenciase doutros posibles carteis).  

  

  

   

  

   


Ningún comentario:

Publicar un comentario