Proxecto XELA converteuse nunha experiencia da que non nos imos poder escapar nos vindeiros anos.
Co convencemento de que estaba a xurdir un proxecto que podía ter continuidade en vindeiros cursos, pensamos na conveniencia de dar unha identidade clara, decidindo entón chamalo “Proxecto XELA (Xerando Espazos Lectores Abertos)”
Solicitamos entón autorización á Concellería de Parques e Xardíns para utilizar distintos elementos existentes nestes paseos como soporte para uns paneis con obra de Xela Arias. Non se buscou mostrar de xeito moi evidente estes paneis. Máis ben o que se pretende é o de despertar a curiosidade para que as xentes que transitan por estes espazos se acheguen e fagan unha lectura detida .
Finalmente o Concello de Vigo concede autorización o 17 de xuño, o que dá pouca marxe de acción co alumnado dos Centros en periodo lectivo. Aínda así o alumnado de 5º curso do CEIP instala o día 22 de xuño 20 paneis
O panel máis grande queda pendente de colocación nun acto de
inauguración xa rematadas as clases para que poidamos contar con familiares de
Xela Arias. Dadas as grandes dimensions deste panel central, solicitamos colaboración para o seu fixado definitivo ao Servizo de Parques e Xardíns do Concello de Vigo, que se responsabiliza do mesmo.
Este acto ten lugar o día 28 de xuño contando coa presenza de representación de alumnado e profesorado de ámbolos Centros e de Amparo Castaño, Marcos Arias e Dario Gil (nai, irmán e fillo de Xela Arias, respectivamente), tentando realizar un acto axustado ás normas sanitarias e pensado nun reducido número de participantes para evitar contactos e non cumplir coa distancia de seguridade.
Está prevista a retirada dos paneis no mes de setembro inda que, dada a expectación que entán a crear durante estes primeiros días, é posible que, se segue en bo mestado de conservación, chegadas esas datas solicitemos ao Concello a posibilidade de deixalos instalados con carácter permanente.
Podedes buscar cada panel servíndovos deste mapa
Ningún comentario:
Publicar un comentario