30 de xuño de 2021

LETRAS GALEGAS IV Lerias do Ría Valoración

 

Nos carteis Lerias do Ria, ademais da referencia de Xela Arias como autora, tamén figuran o nome do proxecto e do colexio e, por suposto, os versos escollidos polo alumnado de 4º . O alumnado de 5º e 6º se encarga de facer as consultas previas local a local para saber que establecementos estarían dispostos a expor carteis Lerias do Ría e, finalmente, do reparto e instalación dos mesmos. 

Salientar que están instalados un total de 27 carteis entre os que se atopa algún exposto en establecementos alonxados como unha clínica de fisioterapia, unha organización sindical, unha tenda de mobles ou unha tenda de música nos que traballan os familiares dalgunhas nenas e nenos. 😅😅

 

Unha experiencia para repetir!!!! 

 Que máis se pode pedir!!!!!!

O noso alumnado creando e repartindo cultura entre a veciñanza!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario