O venres 13 de maio, como anticipo do Día das Letras Galegas, o alumnado de 6º curso participou no IES Coruxo nun acto a prol da paz e da concienciación sobre a importancia da música nas nosas vidas. Para iso, nun recreo e para toda a comunidade do IES, alumnado de 3º da ESO interpretou o Chote de Leirado e a aula de 6º curso do CEIP Ría de Vigo interpretou o Imagine. Todo isto como prólogo ao que viría a continuación e que queda recollido neste vídeo.
Nun principio tiñamos programada esta actividade para celebrar o Día da Poesía na Vila Romana de Toralla en marzo pero non o puidemos realizar debido as choivas que nos acompañaban neses días. Decidimos entón aunar esa celebración coadas Letras Galegas, xuntando entón a poesía coa figura de Florencio Delgado Gurriarán. Houbo de todo: "Adios ríos, adios fontes" en versión musical, recital poético-musical por parte das rapazas e rapaces do IES, obradoiro de creación poética a partir da información en relacion aos restos romanos aportada por un técnico de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo e interpretación músico-poética colectiva do "Vento do norte" de Florencio Delgado.
Unha xornada para non esquecer
Ningún comentario:
Publicar un comentario