Ao longo do mes de maio iniciamos o proxecto "Activismo toponímico" encamiñado a, que do mesmo xeito que fixo Florencio Delgado co seu Valdeorras natal, o noso alumnado tomara conciencia do grande patrimonio toponímico que temos na nosa zona e que, por desgraza está caendo en desuso.
Nun primeiro lugar animamos ao alumnado a que investigase nas súas casas nomes de terreos familiares e que os recollesen nun documento-rexistro no que ademais figurase a súa xeolocalización. No momento de realizar esta publicación levamos recollidos uns 70 microtopónimos dos barrios de San Miguel de Oia, Saiáns e Coruxo. e o proceso esta aberto. De feito, a actividade de realizar un mapa dixital a partir da información recollid a a sí como o volcado da mesma na plataforma "Galicia nomeada" vai ser posposta para o vindeiro curso. Está actividade está sendo realizada no IES Coruxo xa que é un proxecto conxunto entre os EDLG de ámbolos Centros .
Como complemento ao referenciado anteriormente, no colexio decidimos dar luz aos topónimos recollidos presentándoos en camisetas pintadas polo alumnado baixo o lema "Un lugar, un nome". Quedaron moi xeitosas!!!!!
A todo isto, grazas a esta actividade fomos quen de recuperar o microtopónimo das leiras nas que, hai xa 50 anos foi edificado o noso cole. Sabedes cal é? Mirade que chulo!!! CHANDALVA
Ningún comentario:
Publicar un comentario