8 de outubro de 2013

Rosalía chega a Rusia

Queremos subliñar unha noticia que, anque xa pasou, terá repercusión para o futuro e é que o día 26 de setembro, Día Europeo das Linguas, Cultura e Educación presentou a tradución de "Cantares Gallegos" ao ruso, co gallo da conmemoración do 150º aniversario da súa publicación. Este acto tivo lugar na casa-museo de Rosalía (Padrón).
A tradución a un dos idiomas de máis falantes no mundo, conmemora a marcaxe do inicio da recuperación da lingua e da literatura galegas despois dos chamados Séculos Escuros.
Así, a "nosa obra" pasa a ser tamén patrimonio dos rusos, que posúen ademáis unha extraordinaria e singularísima tradición literaria.
O obsectivo é concienciar da riqueza e da variedade lingüística de Europa.
O CEG (Centro de Estudos Galegos) de San Petesburgo forma parte da Rede de Centros de Estudos Galegos que a Xunta de Galicia mantén en universidades de varios continentes para difundir a lingua e a cultura galegos polo mundo.


24 de setembro de 2013

Un ano máis, voltamos ás aulas cheos de enerxía e forzas para emprender un novo curso. Temos novamente a intención de seguir fomentando, potenciando e valorizando a nosa lingua. Estamos á espera das actividades que nos oferten para traer ao cole, e tamén outras que proporemos dende o equipo de Dinamización Lingüística.
E lembrade, dalle á lingua, fala galego!

19 de xuño de 2013

XOGOS TRADICIONAIS GALEGOS

@S NEN@S DO RIA DE VIGO PRACTICAMOS MOITOS XOGOS TRADICIONAIS, AQUELES QUE VEÑEN PERDURANDO NO TEMPO DENDE QUE @S NOS@S AVOAS/OS FORON NEN@S COMA NÓS E INCLUSO DENDE MOITO ANTES. PODEDES VER UN VÍDEO RECOPILATORIO QUE FIXEMOS ENTRE TOD@S COMO HOMENAXE AO DÍA DAS LETRAS GALEGAS ADICADO ESTE ANO A ROBERTO VIDAL BOLAÑO.

PODEDES CLICAR NO SEGUINTE ENLACE PARA VELOS:
XOGOS TRADICIONAIS NO RIA DE VIGO

6 de xuño de 2013

APRENDIZAXE COOPERATIVA

 Todos os profes e nen@s do cole estamos implicados esta nova forma de aprender.
 Axudandonos e aportando cousas entre todos.
 No xogo da madeixa de fío había que dicir a afeción de cada un e guindala a outro compañeir@
 Así íamos pasando por todos ata acabar tecendo unha tea de araña.
 Logo había que ir desfacendo a tea lembrando a afeción d@ compañeir@ antes de guindarlle a madeixa de novo.

 Bieito mira toda esta actividade a traveso dunha vidreira.

OBRA DE TEATRO DO NADAL

No Nadal representamos en galego.

 "Os apuros de Tres Reis Magos".
 Encontráronse no mundo e decidiron...


 Traerlle agasallos a tod@s @s nen@s do cole.












TOP 10

 Neste día todos saudaban dicindo: -"Bos días"
Todos querían sair no TOP 10.

 Había que usar o galego, e...
 Sendo unha mágoa só 10 ou 15 alumnos do cole falaban galego.


 O que lle preguntaban era moi sinxelo.
  Cómo celebrades o nadal?
Sabedes algún canto de reis.
 "Pois cantádenos algo"