Con motivo das LETRAS GALEGAS os alumnos do noso cole tamén xogan "EN GALEGO" cos distintos xogos : aros.zancos, cordas,etc
16 de maio de 2017
15 de maio de 2017
FOTOS DO CORRELINGUA
O xoves día 11 de maio estaba programado o Correlingua para percorrer as rúas dende o Concello ata Castrelos a prol da nosa lingua galega. Por mor da chuvia só se celebraron actos no Pavillón Polideportivo do Carme, con que grandes e pequenos concorremos no mesmo lugar.
Escoitamos o manifesto, tomamos a merenda e así collimos forzas para o concerto da banda de rock Birlibirlocke coa que botamos na pista sen parar.
Ao rematar a festa, os nenos e nenas puideron tocar os instrumentos da banda e asináronlle autógrafos nas gorras!

Comeza a semana das LETRAS GALEGAS
Comenzamos a semana de radioRía. Para iso os alumn@s de
infantil e 1° leron fragmentos das obras de Carlos Casares. Podedes ver algunhas fotos dos primeiros reporteiros radiofónicos.Tamén alguns nenos de 6º tocaron o seu instrumento(gaita, trompeta) para amenizar a primeira sesión radiofónica.
9 de maio de 2017
Facendo uso das "LETRAS GALEGAS"
Xa que comezan as "LETRAS GALEGAS", nós facemos uso delas todo o ano. Por iso, aproveitamos que temos padriños e madriñas para pintar no noso patio palabras en galego.
Mirade que ben o fan os de 4 anos dirixidos por os seus padriños e madriñas de 4º de E.Primaria
Mirade que ben o fan os de 4 anos dirixidos por os seus padriños e madriñas de 4º de E.Primaria
3 de maio de 2017
XA CHEGA O CORRELINGUA 2017
Nesta nova edición do Correlingua participarán o alumnado de 1º, 2º e 4º curso de Primaria o 11 de maio baixo o lema
"EN GALEGO SEN CANCELAS".
Para máis información premede no cartaz.
4 de abril de 2017
A RECONQUISTIÑA 2
Preme na imaxe para ver as noticias do Faro de Vigo.
Por fin chegou o GRAN DÍA, A RECONQUISTIÑA. O alumnado de 3º e 4º de E. Primaria estivo moi nervioso. Tiveron que vestirse cos atuendos típicos da época. Mirade:
E algúns ,vestíronse de FRANCESES, prestados polo Concello de Vigo. Estiveron felices. Se queredes, mirade o video.

A RECONQUISTIÑA 1
Os cursos de 3º e 4º de E. Primaria van participar na RECONQUISTIÑA.
O primeiro que teñen que facer é construir, nas súas casas, un tambor con materiais de refugallo e deberán traelos á escola porque virán os responsables de PONTE NAS ONDAS, para ensaiar con eles a maneira de tocar o día sinalado.
Viñeron tres percusionistas que trouxeron os seus tambores feitos tamén de material de reciclado para ensaiar cos rapaces. Ensaiaron varias pezas e cancións para mostrar nese día , xoves 30 de marzo, cos demais "coles" de Vigo participantes.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)