31 de outubro de 2018

TEMPO DE MEDO

Continuamos co "TEMPO DE MEDO". O alumnado coas súas familias elaboran contos de medo que se exponen nas corcheiras da entrada do noso cole. Así todo o mundo pode velas e lelas.


23 de outubro de 2018

Cartas de medo

Coa inminente chegada do Samaín, está chegando un tempo de medo e estamos preparando o noso cole para que ninguén se asuste. 
 Realizamos un concurso de cartas de medo. titulado: "Non te asustes". Estas son as bases.
Animádevos a participar


Visita dos avós en 4º de Primaria

Continuamos un curso mais, con esta espectacular actividade: a visita dos avós e avoas ás aulas para contar as súas vivencias cando eran mais novos.
Hoxe visitunos a avoa de Dani e Yoel González. Veu contarnos os tempos nos que ela ía ao cole. Ao final, agasallamola cun debuxo.



Un ano mais...

Un ano mais… e outro novo curso con novas inquedanzas e apaixoadas aventuras en galego.Dispostos a mostrarvos as feitas no cole para compartir con vós.
Empezaremos con alegría... e facede música con nós.
BENVIDOS !!





26 de xuño de 2018

VISITA á FINCA MIRAMBELL


Hoxe o alumnado de 4º tivo un encontro coa historia. Despois de dar en aula Roma, tiveron á grande sorte para comprender, aínda mellor e visitar á Finca Mirambell. Atópase situada moi preto do "cole". Alí o arqueólogo Pablo explicoulles moi ben os restos romanos que alí atoparon.



A mestura das dúas culturas: castrexa e íbera.

Parte da excavación onde se atoparon os muros da villa romana

Na excavación por sorpresa atoparon unha tumba

Fóra puidemos ver as distintas dependencias da villa,




Estaba dotada á villa de sistema de aquecemento


Gústanos moito da villa romana.Algúns despedímonos con 
tristura!!!

INTERTEATRO: SALADINO CORTIZO

O alumnado de 4ºB representou no Cee Saladino Cortizo, dentro do programa Interteatro, a obra "As Fadas".



 
Que boa experiencia!

As fadas existen?

Habelas, hailas!


Ao rematar estableceron lazos de amizade e compañerismo co alumnado do Saladino e pasáronno fenomenal. 
Foi una boa experiencia!!



24 de maio de 2018

INTERTEATRO: SEIS DO NADAL

A pasada semana recibimos a visita do CEIP Seis Do Nadal que nos mostrou a súa obra de teatro " A volta ao mundo de Wiki Fog". Estivo espectacular. Ao final agasallamoslles cunha planta e cun diploma. 
Bo traballo!