Colaboración coa Radio Escolar “Ondas do Ría”
Aínda que non estaba previsto inicialmente, o Equipo de Biblioteca Escolar decidiu por en marcha o proxecto de Radio Escolar. Unha vez que somos informados, desde o EDLG aplaudimos tal decisión e pómonos á súa disposición para colaborar en tal menester. A primeira colaboración é a de crear e gravar unha música de sintonía para a nosa radio. A preparación desta musica foi coordinada polos mestres de música do Centro e interpretada por alumnado das aulas de 5º e 6º con formación musical especializada.
No primeiro programa mesmo a presentaron en directo. A partir de ahí, o EDLG está presente nos guións dos catro programas emitidos, tendo especial protagonismo no coincidinte coas Letras Galegas e o traballo de Xela Arias, no que mesmo participaron mestres na interpretación de melodías galegas en directo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario