Día de Rosalía.
A celebración do Día de Rosalía realizouse a nivel de aulas a partir da preparación de diferentes textos de Rosalía.
Asimesmo o alumnado de 5º curso realiza o traballo específico do poema “Eu ben vin estar o moucho” a proposta da coordinadora do EDLG do IES Coruxo coa intención de comparar a interpretación que puidera xurdir no alummnado de primaria do argumento deste poema en comparación do que poida entender o alumando do IES. Inicialmente pensamos que esa interpretación que se poida dar, nalgún momento teña relación coa situación creada a partir da pandemia, asociando a ésta coa figura do moucho, feito que finalmente ocorre A actividade é replantexada e en vez de realizar gravacións dos recitados para ser compartidos co IES Coruxo, o traballo a proposta do alumnado toma unha liña diferente. O que se decide é crear historias a partir do argumento da poesía de Rosalía. Para iso, e coa finalidade de controlar no posible os contactos entre o alumnado, organizase a aula en agrupamentos por parellas de xeito que cada unha realice unha versíón do “Eu ben vin estar o moucho” para ser presentado coa técnica de tatro de sombras. Realízase un obradoiro para dar a coñecer esta técnica ao alumnado e bota a andar o proxecto.
Unha vez elaboradas as 11 propostas para a súa presentación, son compartidas a nivel de aula. Decídese retrasara presentación ao resto do alumnado a expensas da evolución da COVID- 19. Finalmente, a finais de curso, algunhas das propostas son presentadas á totalidade de alumnado do colexio, realizando diferentes funcións (con diferentes propostas) para cada unha das aulas.
Sirva como mostra...
Ningún comentario:
Publicar un comentario