30 de xuño de 2021

O entroido

Ante a imposibilidade de celebrar o entroido polos arredores do colexio como viñamos facendo nos últimos anos, desde o EDLG e os Equipos de Biblioteca e Actividades Extraescolares, propomos o traballo do entroido a nivel de aulas, aportando para iso diversos recursos chegados de diferentes colectivos e institucións.

Dado que os disfraces somentes poden ser “vividos e compartidos a nivel de aula”, coa intención de afondar no PDI “Sentidiño no camiño” da BE, proponse que o tema de traballo para cada aula sexa “Ideas peregrinas” traballando o significado e orixe desta expresión e dando sentido de “idea peregrina” aos disfraces presentados durante a celebración do entroido a nivel de aula o venres 12 de febreiro, e retransmitida a toda a comunidade escolar a través de streaming con presentacións en galego que son traducidas simultaneamente ao inglés por parte da Auxiliar de Conversa do cole e con linguaxe de signos a través dunha alumna de 5º curso de Ed. Primaria, todo isto acompañado con músicas de discografía galega. 


 Coa finalidade de dar unha imaxe común a todos os disfraces, elabóranse uns colgantes con forma de cuncha para cada unha das nenas e nenos do colexio.


Ningún comentario:

Publicar un comentario