30 de xuño de 2021

Dia Escolar pola Paz e a non violencia

 

Como ven sendo habitual no colexio, o EDLG, de xeito coordinado co Equipo de Actividades Extraescolares e  da BiblioRía, realizou proposta de traballo colectivo para a celebración desta data tan necesaria de ser tida en conta.

Dada a imposibilidade de realizar un acto colectivo para toda a comunidade escolar e co afán de dar maior protagonismo ao PDI “Sentidiño no camiño” programado polo equipo da Biblioteca Escolar ao redor do Camiño de Santiago, tomamos como lema a famosa cita de Gandhi: “Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño”. Con este lema, e o fío conductor do camiño e as pegadas impresas do alumnado do colexio, decídese elaborar un gran mural (10 x 3,5 m.) composto por nove pezas a xeito de puzle. Para evitar contactos entre o alumnado, cada unha das pezas é elaborada por cada aula do Centro.

  

 

Celebramos un acto conmemorativo, distribuído en 10 funcións (cadansúa para cada grupo-burbulla) e presentado por cinco alumnas de 6º curso de primaria na interpretación musical do “Imagine” traducido ao galego e presentacion dunha presentación elaborada polo alumnado ARCO de 5º curso co apoio da súa mestra.

 

Ademais, a aula de 1º curso de Ed. Primaria agasallaron a toda a comuniddae escolar cun fermoso recital sobre as apertas, do libro-CD "A nena e o grilo" de Maxín Branco, e cun poema de "Cantarola dos nenos" de Xosé Neira Vilas

Ningún comentario:

Publicar un comentario