A pasada semana recibimos a visita do CEIP Seis Do Nadal que nos mostrou a súa obra de teatro " A volta ao mundo de Wiki Fog". Estivo espectacular. Ao final agasallamoslles cunha planta e cun diploma. Bo traballo!
Hoxe tivemos a visita dos "Saladinos", unha compañía de teatro creada no CEE SALADINO CORTIZO e que os seus compoñentes nos deleitaron cunha obra de teatro "Validación" na que se pon de manifesto a importancia do sorriso. Fixérono fenomenal: o público disfrutou moitísimo e ao rematar, os actores recibiron un diploma e un agasallo.E por suposto tiveron un momento de convivencia cos nosos alumnos.
Comezamos a semana das LETRAS GALEGAS adicadas este ano á figura de Mª Victoria Moreno. Para saber máis da súa historia, o alumnado de 6º de E.Primaria encárgase de explicar aos demais a súa vida. Hoxe os nen@s de infantil escoitaron moi atentos as explicacións.
O alumnado de infantil e 1º de Primaria celebrou os MAIOS co centro de Día PARQUE CASTRELOS. Tivemos a sorte de que os nosos maiores, como xa é tradición, viñeran ao noso cole a celebrar o MAIO florido.Compartiron con eles o asubío do maio e como tiñan tantas flores tamén as colocaron nun cesto e nun carro que o acompañaban.Pasámolo moi ben e todos disfrutaron. O alumnado de 1º de primaria rendeulle homenaxe cunha danza acompañada de canaveiras e os de E. Infantil con coplas de maios cantadas. É unha ledicia ver a relación de respeto,amizade e cariño entre distintas xeracións. Moitas grazas a tod@s pola vosa visita.
Por fin chegou o gran día: A RECONQUISTIÑA. O alumnado de 3º e 4º ataviados cos traxes típicos da época marcharon para conmemorar a vitoria dos vigueses fronte aos franceses. Dende A Laxe ata o Marco recorreron as rúas da zona vella de Vigo para rematar no Berbés catando un saboroso chocolate ben quentiño. Mirade que ben o pasaron!