A pasada semana recibimos a visita do CEIP Seis Do Nadal que nos mostrou a súa obra de teatro " A volta ao mundo de Wiki Fog". Estivo espectacular. Ao final agasallamoslles cunha planta e cun diploma.
Bo traballo!
24 de maio de 2018
INTERTEATRO: SALADINO CORTIZO
Hoxe tivemos a visita dos "Saladinos", unha compañía de teatro creada no CEE SALADINO CORTIZO e que os seus compoñentes nos deleitaron cunha obra de teatro "Validación" na que se pon de manifesto a importancia do sorriso.
Fixérono fenomenal: o público disfrutou moitísimo e ao rematar, os actores recibiron un diploma e un agasallo.E por suposto tiveron un momento de convivencia cos nosos alumnos.
Fixérono fenomenal: o público disfrutou moitísimo e ao rematar, os actores recibiron un diploma e un agasallo.E por suposto tiveron un momento de convivencia cos nosos alumnos.
17 de maio de 2018
14 de maio de 2018
13 de maio de 2018
OS MAIOS CO CENTRO DE DÍA "PARQUE CASTRELOS"
O alumnado de infantil e 1º de Primaria celebrou os MAIOS co centro de Día PARQUE CASTRELOS. Tivemos a sorte de que os nosos maiores, como xa é tradición, viñeran ao noso cole a celebrar o MAIO florido.Compartiron con eles o asubío do maio e como tiñan tantas flores tamén as colocaron nun cesto e nun carro que o acompañaban.Pasámolo moi ben e todos disfrutaron.
O alumnado de 1º de primaria rendeulle homenaxe cunha danza acompañada de canaveiras e os de E. Infantil con coplas de maios cantadas.
É unha ledicia ver a relación de respeto,amizade e cariño entre distintas xeracións.
Moitas grazas a tod@s pola vosa visita.
O alumnado de 1º de primaria rendeulle homenaxe cunha danza acompañada de canaveiras e os de E. Infantil con coplas de maios cantadas.
É unha ledicia ver a relación de respeto,amizade e cariño entre distintas xeracións.
Moitas grazas a tod@s pola vosa visita.
9 de abril de 2018
A RECONQUISTIÑA
Por fin chegou o gran día: A RECONQUISTIÑA. O alumnado de 3º e 4º ataviados cos traxes típicos da época marcharon para conmemorar a vitoria dos vigueses fronte aos franceses. Dende A Laxe ata o Marco recorreron as rúas da zona vella de Vigo para rematar no Berbés catando un saboroso chocolate ben quentiño.
Mirade que ben o pasaron!
As profes tamén disfrutaron do evento
Mirade que ben o pasaron!
As profes tamén disfrutaron do evento
22 de marzo de 2018
O día 13 de marzo tivemos un obradoiro a cargo dos organizadores da Reconquistiña.Nel déronnos á coñecer os instrumentos da nosa música tradicional .
Despois ensaiamos as cancións que imos cantar para á Reconquistiña baseadas en animais domésticos así coma á coreografía que imos lucir xunto con estas músicas no desfile!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












